A Coruña, 20 de marzo de 2012.- A
conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, presidiu a reunión
preparatoria para a constitución do Consello Reitor do Consorcio
Oncolóxico de Galicia, que estará integrado por sete membros, dous
designados pola Consellería de Sanidade, dous polo Servizo Galego de
Saúde, dous polo Centro Oncolóxico, e un polo Concello da Coruña,
segundo recolle o Decreto 141/2008 do 19 de xuño, polo que se constitúe e
regula a composición e as funcións do Consorcio Oncolóxico de Galicia.
As
institucións integrantes do Consorcio –Sanidade, Concello e Fundación
Centro Oncolóxico Rexional José Antonio Quiroga y Piñeyro-, acordan que o
Consello Reitor estará constituído polo xerente, a directora de
Procesos Asistenciais, e o director de Recursos Económicos da Xerencia
de Xestión Integrada de A Coruña; pola subdirectora Xeral de
Planificación e Ordenación Asistencial do Servizo Galego de Saúde; polo
director xerente da Fundación Centro Oncolóxico de Galicia; o director
médico da Fundación Centro Oncolóxico de Galicia; e o primeiro tenente
de alcalde do Concello de A Coruña.
Entre
as primeiras encomendas que levarán a cabo estarán definir o
regulamento interno do consorcio e as súas políticas sanitarias.
Asistencia oncolóxica especializada
O
Consorcio Oncolóxico de Galicia ten como obxectivos específicos a
educación sanitaria, a promoción da saúde e a prevención da enfermidade
en materia oncolóxica; a atención especializada en réxime
extrahospitalario e hospitalario; e as actividades de coñecemento nos
ámbitos de sanidade e das ciencias da saúde, da docencia, da
investigación, a formación, a bioética e os sistemas de información; e,
tamén, o pulo dado ao desenvolvemento das tecnoloxías e dos recursos
para mellorar a calidade da prestación sanitaria.
A
actuación deste Consorcio está enmarcada no marco xeral da Estratexia
Galega contra o Cancro, que aborda toda a actuación e resposta en
materia oncolóxica da Administración sanitaria galega, en marcha dende
maio de 2010. Rocío
Mosquera lembrou que “tal como recolle tanto a Estratexia Sergas 2014
como a Estratexia Galega contra o Cancro, o número de profesionais
involucrados na atención ao cancro, e a propia complexidade do proceso
diagnóstico-terapéutico, converten a comunicación e coordinación nun
aspecto central; e o xeito en cómo se organizan inflúe na toma de decisións sobre o diagnóstico e tratamento do cancro, así como no seguimento dos pacientes”.
Neste
senso, a conselleira de Sanidade destacou que o Consorcio supón unha
mellora de organización tanto da atención multidisciplinar oncolóxica,
como dos servizos fundamentais no diagnóstico e o tratamento do cancro.
A
importancia da asistencia sanitaria en materia de oncoloxía nas
xerencias de xestión integrada de A Coruña e Ferrol esixe e xustifica a
concepción e o deseño dun consorcio como organización idónea para
facilitala acción conxunta e coordinada das administracións públicas e
institucións implicadas a través dun marco estable.
Membros do Consorcio galego
O
Consorcio Oncolóxico de Galicia é unha entidade de dereito público, de
carácter asociativo e voluntario, integrado pola la Consellería de
Sanidade, o Servicio Galego de Saúde, o Concello de A Coruña e a
Fundación Centro Oncolóxico Rexional José Antonio Quiroga y Piñeyro.
A
Consellería de Sanidade é a encargada de colaborar na determinación das
súas políticas sanitarias a través dun contrato-programa, e o Servizo
Galego de Saúde contribúe co financiamento necesario para a prestación
da asistencia sanitaria e subscribe o contrato programa co consorcio.
Este contrato-programa contén a poboación de referencia a que atende o
Consorcio, o volume de actividade, así como tamén os requisitos de
calidade e seguridade que deberán cumprir os servizos sanitarios.
Doutra
banda, a Fundación Centro Oncolóxico Rexional José Antonio Quiroga y
Piñeyro contribúe coa totalidade da capacidade asistencial do Centro
Oncolóxico, e o Concello de A Coruña autoriza o uso compartido do
inmoble e terreos onde se localiza o centro.
Fuente: Consellería de Sanidade