O venres 23 de marzo o Diario Oficial de Galicia publica a modificación da composición do Consello Reitor do Consorcio Oncolóxico de Galicia, seguindo a Orde de 14 de marzo de 2012. O Consello Reitor do Consorcio Oncolóxico de Galicia estará formado polas seguintes persoas: – O/a xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña. – O/a director/a de Procesos Asistenciais da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña. – O/a director/a de Recursos Económicos da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña. – O/a subdirector/a xeral de Planificación e Ordenación Asistencial do Servizo Galego de Saúde. – O/a director/a xerente da Fundación Centro Oncolóxico de Galicia. – O/a director/a médico/a da Fundación Centro Oncolóxico de Galicia. – O/a primeiro/a tenente de alcalde do Concello da Coruña. Pode acceder á publicación oficial seguindo o seguinte enlace |
Noticias >